Fútbol en Acerbaixán
O fútbol no Acerbaixán comezou a ser escrito a partir da obtención da independencia de Acerbaixán, o ano 1991, cando a Asociación de Federacións de Fútbol de Acerbaixán pasou a integrar a FIFA e da UEFA en 1994, podendo participar do fútbol en todas as súas categorías.
A selección de fútbol de Acerbaixán foi fundada en 1992, tras o desmembramento da Unión Soviética e quedou inscrita na FIFA e na UEFA en 1994. Este equipo é dos menos competitivos de Europa e nunca se clasificou para unha fase final dun mundial ou dunha Eurocopa.
O Neftçi Baku PFC foi un dos grandes equipos do campionato soviético, chegando a participar de competicións do fútbol europeo. A selección soviética nacional tamén contou con futbolistas azarís, como Anatoliy Banishevskiy, no Mundial de Fútbol Inglaterra 1966.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fútbol en Acerbaixán |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da Asociación de Federacións de Fútbol de Acerbaixán
- Sitio web Acerbaixán Arquivado 20 de novembro de 2018 en Wayback Machine. da FIFA.com